Wednesday 24 de April de 2024

A campaña de Comercio “Un ano máis, Ti Fas ou Nadal” reparte xa a viaxe a Disney


A agraciada é unha veciña do Tempero que realizou unha compra na Peixaría Domingo Mar

A Peixaría Domingo Mar, situada no Graxal, rúa Profesor Monasteiro, deu un dos premios grandes da campaña de comercio “Outro ano máis, Ti Fas ou Nadal”, a viaxe a EuroDisney París. A veciña agraciada, Luisa Pérez, desprazouse hoxe ata o comercio cambrés para retratarse xunto ás responsables do negocio, “Chus” e “Dosi”.

A Concelleira de Promoción Económica, Marta Vázquez, púxose en contacto co comercio para saber quen fora o afortunado e espera agora a que toque a outra viaxe para catro persoans ás Illas Canarias. Vázques destaca a présa do premio e insiste en que os 20.000 euros en premios directos tocana diario polo que anima os cambreses e veciños de concellos limítrofes a facer as súas compras en Cambre.

Este campaña, segundo a edil, volve envorcarse no denominado “Resga e gaña” debido á grande acepctación do pasado ano por veciños e comerciantes. Cada compra en Cambre optará a un dos máis de 2.000 premios directos (42.000 resgas), vales de compra nos distintos comercios, polo que os gañadores se verán beneficiados xa que adquirirán máis produtos e os comerciantes e hostaleiros venderán moitos máis.